jueves, 24 de marzo de 2011

martes, 15 de junio de 2010

San Antón, regato de Ábedes e arredores. Autor: Xosé Ramón Reigada

                                      Aziñeira centenaria florida a carón da Ermida do San Antón

O espazo natural do San Antón posúe unha elevada diversidade de especies animais e vexetais. Próximo a este enclave, a uns dous km. de distancia, está o espazo protexido do LIC do río Támega, que discorre por uns treitos dos regatos de Abedes e das Quintas, dende o Pozo do Demo -Fraga dos Lobos-, pasando polo Balneario de Cabreiroá, onde se xuntarían os dous regatos, continuando atá desembocar no Támega. O San Antón non posúe nengunha medida de protección. As figuras de protección do LIC do Río Támega son as de Lugar de Importancia Comunitaria e  Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (Decreto 72/2004, do 2 de Abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais), dicir que o ecosistema da zona do San Antón é semellante ao espazo protexido que atopamos augas abaixo con habitats prioritarios de interese comunitario.

A continuación vanse expor unha serie de especies existentes na zona do San Antón, regato de Ábedes e arredores, a modo de resumo, onde se comprobará a alta diversidade que posúe esta paraxe natural enclavada a escasa distancia do núcleo da vila de Verín. Sobresaen entre outras as seguintes especies que poidemos detectar e identificar:

Flora:
           - Aciñeira (Quercus ilex)
           - Amendoeira (Prunus dulcis). Na zona atopamos varios pés, un de idade centenaria. esta presenza fai pensar que a especie foi cultivada tradicionalmente na zona pró seu aproveitamento. Quedan poucos exemplares desta explotación secular. A esoecie é orixinaria de Asia Central e foi introducida na Península Ibérica polos fenicios. En Galicia estaría restrinxida as zonas mais mediterráneas (Cuncas do Sil e do Douro).
           - Asplenium trichomanes (fento)
           - Amieiro (Alnus glutinosa)
           - Freixa (Fraxinus angustifolia)
           - Salgueiros (Salix spp.)
           - Carballo (Quercus robur)
           - Castiñeiro da Indias (Aesculus hippocastanum), naturalizado no regato de Ábedes.
           - Cerquiño (Quercus pyrenaica)
           - Choupo negro (Populus nigra), exemplares sen hibridar, tamén híbridos en plantacions.
           - Choupo tremedor (Populus trémula). Especie escasa en Galicia. É unha reliquia das últimas glaciacions, que fai que estea moi localizada, tanto no Val de Monterrei coma en Galicia ou case mesmo en case toda a Península Ibérica.

Crista de galo grande, Serapias cordigera, orquídea, na zona ten nome vernáculo compartido con S. lingua, súa denominación sería Galocrista, incluída no anexo II do convenio CITES, non citada para o Val de Monterrei na Guía das Orquídeas de Galicia


Dryopteris afinis, fento

Fento común, Pteridium aquilinum

Filipendula vulgaris, florece en prados maio-xullo, en prados húmidos, en Galicia sobre chans básicos ou ultrabásicos (Guía das Plantas de Galicia), escasa a nivel galego

Freixa, Fraxinus angustifolia, bosque ripícola en galería xunto con Amieiros, Alnus glutinosa, e Salgueiros, Salix spp., tamén se atopa en lameiros adevesados que exerce un efecto protector baixo a súa cuberta (Influência de uma árvore isolada de freixo (Fraxinus angustifolia Vahl) no microclima num lameiro em Trás-os-Montes), as árbores máis antigas presentan podas tradicionais para leña e redución da área de sombra nas praderías

Lengüeira, Serapias lingua, orquídea, na zona ten nome vernáculo compartido con S. cordigera, súa denominación sería Galocrista, incluída no anexo II do convenio CITES, non citada para o Val de Monterrei na Guía das Orquídeas de Galicia

Macela brava, Anthemis arvensis

Oliveira, Olea europaea

Orquídea de esporón enchido, Orchis coriophora subsp. Martrinii, incluída no anexo II do convenio CITES, non citada para o Val de Monterrei na Guía das Orquídeas de Galicia

Parentucellia viscosa, escrofulariácea habitante de pasteiros

Sobreira, Quercus suber, con explotación tradicional de cortiza
Lóxicamente, as especies de flora son moitísimas máis das descritas, só se puxeron as que de algunha maneira chamaron a atención dos observadores.

Aves:


Lavanco, Anas paltyrhynchos

Garza real, Ardea cinerea, lugar de alimentación

Cegoña branca, Ciconia ciconia, lugar de alimentación

Tartaraña cincenta, Circus pygargus, zona de caza, especies considerada como vulnerable no Catálogo Galego de Especies Ameazadas

Miñato común, Buteo buteo

Falcón peregrino, Falco peregrinus, territorio de caza

Ataíño, Falco tinnunculus, territorio de caza

Cegoña branca, Ciconia ciconia, lugar de alimentación

Paspallás, Coturnix coturnix

Pombo, Columba palumbus

Rola, Streptopelia turtur

Cuco, Cuculus canorus

Curuxa, Tyto alba

Avelaiona, Strix aluco

Moucho de orellas, Otus scops

Noitevoá, Caprimulgus europaeus

Bubela, Upupa epops

Peto verdello, Picus viridis

Peto real, Dendrocopos major

Peto pequeno, Dendrocopos minor

Peto formigueiro, Jynx torquilla

Cotovía dos camiños, Galerida cirstata

Cotovía pequena, Lullula arborea

Lavandeira cincenta, Motacilla cinerea

Lavandeira branca, Motacilla alba

Carriza, Troglodytes troglodytes

Azulenta, Prunella modularis

Paporrubio, Erithacus rubecula

Rousinol común, Luscinia megarhynchos

Rabirrubio común, Phoenicurus ochruros

Chasco común, Saxicola torquata

Merlo común, Turdus merula

Tordo común, Turdus philomelos

Tordo malvís, Turdus iliacus, invernante

Rousinol bravo, Cettia cetti

Picaxuncos, Cisticola juncidis

Papuxa das amoras, Sylvia atricapilla

Papuxa cabecinegra, Sylvia melanocephala

Papuxa común, Sylvia communis

Papuxa carrasqueira, Sylvia cantillans

Folosa amarela, Hippolais polyglotta

Picafollas común, Phylloscopus collybita, invernante

Picafollas ibérico, Phylloscopus ibericus

Papamosca cincento, Muscicapa striata, cria confirmada preto da zona

Papamoscas negro, Ficedula hypoleuca, en paso posnupcial

Ferreiriño real, Parus major

Ferreiriño azul, Parus caeruleus

Ferreiriño rabilongo, Aegithalos caudatus

Gabeador común, Certhia brachydacyla

Picanzo real, Lanius meridionalis

Picanzo vermello, Lanius collurio, cría confirmada preto da zona

Pega, Pica pica

Corvelo, Corvus corone

Estorniño negro, Sturnus unicolor

Papafigos, Oriolus oriolus

Pardal común, Passer domesticus

Pimpín, Fringilla coelebs

Liñaceiro, Carduelis cannabina

Xílgaro, Carcuelis carduelis

Verderolo, Carcuelis chloris

Úbalo, Carduelis spinus, invernante

Xirín, Serinus serinus

Trigueirón, Emberiza calandra



A lista de aves realizouse mediante observación e puntos de escoita, incluíndo algunha cita anterior doutros anos ou de aves invernantes.

As aves mencionadas son as más comúns na zona e arredores, facendo un seguimento ao longo do ano a lista aumentaría significativamente.

Os Petos (Picidae) están moi ben representados, coas catro especies que teñen presenza na comarca, sobresae o Peto pequeno, Dendrocopos minor, con marteleos e voces en plena época de reproducción (nidificación probáble), son uns excelentes indicadores da boa saúde forestal que neste caso comprendería o bosque de ribeira do regato de Ábedes.


Mamíferos:


Raposa, Vulpes vulpes

Morcego común, Pipistrellus pipistrellus

Morcego rabudo, Tadarida teniotis, especie escasa en Galicia (Guía dos Mamíferos de Galicia)

Teixugo, Meles meles



Debido a difícil detectabilidade de mamíferos só se puideron constatar estas especies, de certeza que o lugar é frecuentado por moitas máis.

Anfibios:


Píntiga, Salamandra salamandra

Pintafontes común, Lissotriton boscai

Pintafontes verde, Triturus marmoratus

Sapiño comadrón, Alytes obstetricans

Sapiño pinto, Discoglossus galganoi, incluída como subespecie no Catálogo galego de especies ameazadas

Sapo de esporóns, Pelobates cultripes, especie incluída na categoría de vulnerable no Catálogo galego de especies ameazadas, hai unha proposta para incluír esta especie na categoría de en perigo de extinción

Sapo cunqueiro, Bufo bufo

Sapo corriqueiro, Epidalea calamita

Estroza, Hyla arborea, especie incluída na categoría de vulnerable no Catálogo galego de especies ameazadas

Ra patilonga, Rana iberica, especie incluída na categoría de vulnerable no Catálogo galego de especies ameazadas

Ra verde, Pelophylax perezi



O elenco suma un total de once especies de anfibios, interesantísimo dato, prácticamente a totalidade das existentes na comarca, só faltaría a Saramaganta, Chioglossa lusitanica, que se considera extinguida ao non haber citas recentes.

Réptiles:


Ladra, Tarentola mauritanica, hai unha boa poboación no balneario de Cabreiroá que podería dispersarse pola contorna, a Comarca de Monterrei podería ser a única zona de distribución natural de especie en Galicia (Distribución e selección de hábitat dos réptiles eumediterráneos en Galicia)

Esgonzo común, Chalcides striatus

Lagarto arnal, Timon lepidus

Lagarta dos penedos, Podarcis hispanica

Lagarta rabuda, Psammodromus algirus

Escáncer cego, Blanus cinereus, especie moi rara en Galicia que só se atopa na Comarca de Monterrei (Distribución e selección de hábitat dos réptiles eumediterráneos en Galicia)

Serpe riscada, Rhincechis sacalaris

Cobregón, Malpolon monspessulanus

Cobra viperina, Natrix maura

Cobra de colar, Natrix natrix



Só detectamos a presenza destes once réptiles mediante procura no terreo e citas anteriores, o que non quere dicir que non existan outras especies de ampla distribución na comarca de Monterrei coma o Escáncer común, Anguis fragilis, ou a Cobra lagarteira meridional, Coronella girondica, incluso o Lagarto das silvas, Lacerta schreiberi.

Invertebrados:


Alacrán ceboleiro, Grillotalpa grillotalpa

Escornabois menor, Dorcus parallelopipedus



O campo dos invertebrados é amplísimo polo que só se fan estas dúas reseñas de especies de insectos atopadas de casualidade nunha saída á zona.



En zonas cercanas atopáronse as tres especies de Barbatesas presentes na comarca: Mantis religiosa, Empusa pennata e Ameles spallanziana.



Dentro dos insectos as bolboretas é un dos grupos que estaría más diversificado na comarca. Para detectar as especies existentes na zona habería que facer varias saídas ao longo do ano. Na comarca de Monterrei atoparíanse as seguintes especies:



Hesperiidae Nymphalidae Pieridae



1 Carcharodus alceae 1 Aglais urticae 1 Anthocharis cardamines

2 Pyrgus malvoides 2 Boloria dia 2 Aporia crataegui

3 Pyrgus serratulae 3 Boloria selene 3 Pieris (Artogeia) napi

4 Thymelicus sylvestris 4 Issoria lathonia 4 Pieris brassicae

5 Thymelicus actaeon 5 Melitaea (Mellicta) athalia 5 Colias crocea

6 Hesperia comma 6 Melitaea (Mellicta) deione 6 Euchloe crameri

7 Erynnis tages 7 Melitaea cinxia 7 Leptidea sinapis

8 Ochlodes venata 8 Melitaea phoebe 8 Pontia daphlidice

9 Spialia sertorius 9 Melitaea trivia 9 Gonepteryx rhamni

10 Inachis io

Lycaenidae 11 Apatura ilia Zygaenidae

12 Arethusana arethusa

1 Aricia cramera 13 Argynnis paphia 1 Zygaena trifolii

2 Callophrys avis 14 Argynnis adippe 2 Zygaena sarpedon

3 Callophrys rubi 15 Argynnis niobe 3 Zygaena filipendula

4 Celastrina argiolus 16 Argynnis pandora 4 Procris sp.

5 Glaucopsyche alexis 17 Brenthis daphne

6 Lycaena tityrus 18 Brintesia circe

7 Lycaena phlaeas 19 Nymphalis polychloros

8 Tomares ballus 20 Nymphalis antiopa

9 Aricia agestis montensis 21 Charxes jasius

10 Cacyreus marshalli 22 Coenonympha dorus

11 Thecla quercus 23 Coenonympha pamphilus

12 Laeosopis roboris 24 Coenonympa arcania

13 Lampides boeticus 25 Coenonympha glycerion

14 Leptotes pirithous 26 Euphydryas aurinia

15 Lycaena alciphron 27 Hipparchia statilinus

16 Plebejus argus 28 Hipparchia semele

17 Polyommatus icarus 29 Hipparchia fidia

18 Pseudophilotes baton 30 Hipparchia alcyone

19 Satyrium esculi 31 Lassiommata megera

20 Satyrium spini 32 Lassiommata maera

33 Limenitis reducta

Papilionidae 34 Maniola jurtima

35 Melanargia lachesis

1 Papilio machaon 36 Pararge aegeria

2 Iphiclides feisthamellii 37 Polyogonnia c-album

3 Zerynthia rumina 38 Pyronia bathseba

39 Pyronia cecilia

40 Pyronia tithonus

41 Vanessa atalanta

42 Vanessa cardui

43 Hyponephele lupina



* Información facilitada por Rafael Estévez e José Álvarez Gándara



A maioría das especies de fauna descritas estarían protexidas en maior ou menor medida polo Catálogo Galego de Especies Ameazadas, Catálogo Nacional de Especies Amenazadas, Directiva de Aves, Directiva de Hábitats ou Convenio de Berna.

Bibliografía:


Anfibios y reptiles de la Península Ibérica, Baleares y Canarias. Barbadillo, L. J.; Lacomba, J. I.; Pérez-Mellado, V.; Sancho, V.; López Jurado, L. F. Editorial Planeta, S.A. – Barcelona (1999)

Espacios Naturais de Galicia. 3. Provincia de Ourense. Villarino Gómez, A.; González Prieto, S. Baía Edicións – A Coruña (1997)

Flora Ilustrada del Centro y Norte de la Península Ibérica. García López, J. M.; Allué Camacho, C. Exlibris Ediciones, S.L. – Madrid (2002)

Guía das Orquídeas de Galicia. Cortizo Amaro, C.; Sahuquillo Balbuena, E. Baía Edicións – A Coruña (2006)

Guía das Aves de Galicia. Penas Patiño, X. M.; Pedreira lópez, C.; Silvar, C. Baía Edicións – A Coruña (2004)

Guía das Orquídeas de Galicia. Cortizo Amaro, C.; Sahuquillo Balbuena, E. Baía Edicións – A Coruña (2006)

Guía das Plantas de Galicia. García, X. R. Edicións Xerais de Galicia, S.A. – Vigo (2008)

Guía de Campo de los Insectos de España y de Europa. Chinery, M. Ediciones Omega, S.A. – Barcelona (2001)

Guía dos Anfibios e Réptiles de Galicia. Asensi Cabirta, M. Baía Edicións – A Coruña (2006)

Guía dos Fentos de Galicia. Niño Ricoi, H. Baía Edicións – A Coruña (2008)

Guía dos Mamíferos de Galicia. Díaz d’a Silva, J. I.; Cartelle, Y. Baía Edicións – A Coruña (2007)

Influência de uma árvore isolada de freixo (Fraxinus angustifolia Vahl) no microclima num lameiro em Trás-os-Montes. Modification of microclimate by an isolated ash-tree (Fraxinus angustifolia Vahl) in natural pastures of Northeastern Portugal. Pereira, E.; Abreu, F. G.; Madeira, M. Rev. de Ciências Agrárias, (jul. 2007), vol.30, no.2, p.233-245. ISSN 0871-018X

Pájaros Carpinteros: Excelentes indicadores forestales. La Garcilla nº 99. Díaz Esteban, M. pág. 8-15. SEO/BirdLife – Madrid (1997)

Tembledas, las alamedas de montaña. Biológica nº 42. pág. 44-55. Oria de Rueda, J. A. Editorial América Ibérica – Madrid (2000)



Publicacións web:

http://www.grupogeas.org/actividades/eumediterraneos.htm Distribución e selección de hábitat dos réptiles eumediterráneos en Galicia.. Martiño Cabana Otero. Grupo de Estudos dos Animais Salvaxes GEAS – 2008

http://verin-natural.blogspot.com/

http://vialdeabedes.blogspot.com/

Lexislación:


Decisión 2004/813/CE de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032]. Diario Oficila de la Unión Europea, 29.12.2004, L378/1

Diorectiva 70/409/CEE del Consejo, de 2 de abril de 1979, relativa a la conservación de las aves silvestres. Diario Oficial nº L 103 de 25/4/1979, p. 1

Directiva 92/43/CEE del Consejo, de 21 de mayo de 1992, relativa a la conservación de los hábitats naturales y de la fauna y flora silvestres. Diario Oficial nº L 206 de 22/07/1992, p. 0007, con modificaciones posteriores

Instrumento de ratificación de 13 de mayo de 1986 del convenio de 19 de septiembre de 1979 relativo a la conservación de la vida silvestre y del medio natural en Europa, hecho en Berna (BOE nº 235 de 1/10/1986)

Resolución do 30 de abril de 2004, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da cartografía onde se recollen os límites dos espazos naturais declarados zonas de especial protección dos valores naturais polo Decreto 72/2004, do 2 de abril (Diario Oficial de Galicia número 69, do 12 de abril). Diario Oficial de Galicia, DOG, Mércores, 19 de Maio de 2004, Nº 95, páx. 7.073

Real Decreto 439/1990, de 30 de marzo (BOE nº 82, 5 abril 1990). Catálogo Nacional de Especies Amenazadas, con modificaciones hasta la situación actual.

Colaboradores:


En flora participaron: Eduardo Castro, Pastor Santamarina e Xosé Ramón Reigada.

En anfibios e réptiles participaron: Alberto Rivero, Anxos Romeo, Martiño Cabana, Rafa Vázquez e Xosé Ramón Reigada.

En aves, mamíferos e invertebrados utilizouse a información obtida por Xosé Ramón Reigada.




Este resumo realizouse durante os meses de maio e xuño do 2010


Verín, 14 de xuño do 2010. Xosé Ramón Reigada.