miércoles, 9 de junio de 2010

Lugar afectado polo vial

Lugar afectado polo vial

Parentucellia viscosa


A Parentucellia viscosa é unha fermosa escrofulariácea que habita na pradería por onde vai pasar o vial.

viernes, 4 de junio de 2010

Lugares deliciosos que van desaparecer...

Ademáis de talar centenares de árbores, algús deles centenarios coma as freixas (Fraxinus angustifolia), e outros coma carballos, rebolos, amieiros, álamos tremedoiros, salgueiros, aziñeiras, sobreiras, choupos, etc,  o proxecto de vial vai facer deaparecer moitas hectáreas de pradería. O impacto ambiental vai ser tremendo, cun custe edáfico, paisaxístico e ecolóxico brutal.

jueves, 3 de junio de 2010

Filipendula vulgaris Moench



Esta belida planta é unha das curiosidades que nos ofrece a valiña por onde pretende pasar o vial de Ábedes. É escasísima na comarca de Monterrei.
É  indicadora de solos básicos ou ultrabásicos, raros en Galicia, polo que a destrucción deste lugar e doblemente importante.

Lugar afectado polo vial


Esta pradería e o bosco de ribeira que se aprecia en segundo termo van seren barridos do mapa polo chamado Vial de Ábedes.

Lugar afectado polo vial