viernes, 11 de junio de 2010

Serapias lingua L.

Esta bonita orquidiácea tamén está presente nos lugares afectados polo vial

Muros de pedra dos nosos avós, dos nosos bisavós...

Tan ben feitiños...¡Qué ben falan dos traballiños que pasaron!. ¡Qué ben falan da súa honra, do seu esforzo, do seu concepto de beleza, do seu gusto!. Do seu mimo coa pedra, do seu respeto polo mundo que os arrodeaba, da súa deliciosa estética. Agora, en troques, que impera a ausencia máis tremenda de valores e de consciencia pola calidade e a cantidade do traballo que fixeron os que nos precederon,  da a sensación de quea algúns  molestalles tanta beleza.

Alamo tremedoiro (Populus tremula L.)


Outro dos habitantes do lugar é unha especie rara no Val de Monterrei e en Galicia que pode resultar afectada se se chega a construir o Vial de Ábedes

miércoles, 9 de junio de 2010

Lugar afectado polo vial


A Verín, mais que viais,  o que lle compre son mentes que saiban por en valor estas xoias naturais coma fonte de riqueza. Outros pobos morreríanse por teren lugares e paisaxes coma estes e, eiquí, en vez de preservalos, o mal gusto e a falta da mais elemental estética e sensibilidade arruinaios.

Lugar afectado polo vial


É tal a riqueza natural e etnográfica deste lugar que me parece que os responsables do proxecto de vial, unha de dúas, ou non o visitaron, ou a súa sensibilidade e cultura falan moi mal deles.

Lugar afectado polo vial

Lugar afectado polo vial